MENÚ

A Deputación da Coruña aposta pola competición nacional do clube no ano 2018

A Deputación Provincial da Coruña confirmou a subvención de 5.000 € para o noso Club pola participación do equipo Senior Masculino na Terceira División Nacional Masculina de Fútbol Sala durante o ano 2018, sen duda unha gran noticia para poder seguir promocionando o fútbol sala e permitir manter unha estructura que segue crecendo ano tras ano para ser un referente na cidade.

Dende o 5 Coruña FS creamos unha estructura de base para todas as categorías ata chegar a equipos senior, tratando de impulsar a nosa sección femenina e ademáis realizamos distintas actividades durante o ano, todo isto fai chegar o Club a unhas dimensións que sen as axudas públicas non sería posíbel.

#EuCreoNaIdea

1,2,3…. 5 !!

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email