MALICIAS NOTICIAS PARA O EQUIPO SENIOR FEMININO DO 5 CORUÑA FUTBOL SALA. O POLIFACÉTICO PEPE CAPELÁN CONVÉRTESE NO SEU PADRIÑO PARA A PRESENTE TEMPADA.

O polifacético Pepe Capelán convértese no padriño do equipo feminino do 5 Coruña Futbol Sala para a presente tempada.

Pepe Capelán que dende o ano 2011 traballa no sector audiovisual onde realizou diversas funcións, entre as que destacan a de presentador, guionista e redactor de televisión, participou en numerosos programas en Televisión de Galicia, onde actualmente é Guionista e colaborador do informativo humorístico «Malicia Noticias» de PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS SETE MEDIA, S.L., ademais de colaborador no programa de humor semanal «Como que non?!» emitido en Radio Galega e na canle G2 da Televisión de Galicia .

O pasado xoves 14 de Outubro o popular artista acudiu ao adestramento do equipo feminino onde lle brindaron un gran recibimento, e onde puido coñecer de preto a todalas xogadoras e corpo técnico. O novo padriño animoulles a gozar destes momentos competindo e divirtindose.

E así lles transmitía o orgullo de poder apoialas esta tempada:

“O pasado xoves vivín un dos momentos máis especiais e emotivos co recibimento que me brindaron estas campioas. Desde agora lucirei con orgullo a camiseta que me regalaron, e penso apoialas incondicionalmente ! Moitos ánimos a todas para esta tempada, un soño cumprido con moito esforzo ! “